Nosotros Nos dirigimos Proponemos Proyectos Clientes Contacto  

  OS BARBALLOCAS

O espectáculo de monicreques dos Barballocas é a historia de cinco personaxes fantásticos creados coa finalidade de animar e motivar aos nenos e familias a utilizar a lingua galega e coñecer a historia e cultura galega.

Catro personaxes dos Barballocas son profundos coñecedores e amantes da lingua, historia e cultura galega. O seu obxectivo será difundila por Galicia viaxando a través do tempo. O quinto personaxe aparece na historia coa misión de estragar o traballo dos Barballocas, destruíndo a lingua e a cultura galega. A historia comeza no S.XII no reino de Galicia, a meiga Verbalinda e a vieira Sarela viven nun lugar chamado Castro Outo. Falamunda e Pepiño son amigos e axudantes da meiga. Esta sabia encoméndalles a importante misión de estender o uso do galego. A vieira Sarela ten o poder de teletransportar aos Barballocas no tempo. Os catro heroes da lingua galega persiguen ao malvado Mal-Dito, un personaxe que alaba a ignorancia e a incultura fomentando a confusión e a ausencia de identidade cultural.

 

Proxecto rexistrado en propiedade industrial e intelectual.
*Coa colaboración especial da debuxante María Villarino López.
  Visita nuestro blog